luns, 17 de febreiro de 2014

Estruturas flotantes de salgueiro





 Argallando en como dar sombra a un pequeno estanque da horta, pensei na posibilidade de facer un flotador de botellas e salgueiro, que ademais de quedar presioso, cumple moitas outras funcións, e pode ser un punto de partida para investigar na creación de estructuras vivas flotantes que depuran a auga e nos preparan para navegar en invernos de auga coma este, je!

Ideal para augas de estanques ou encoros, nos que queredes crear estructuras flotantes con salgueiro, que brota moi ben en contacto coa auga. Este sistema funcionará ben en augas sanas e vivas, é dicir con bichos varios, aromas a auga estancada, procedentes de augas grises (augas de fregaderos, duchas, nas que teñas utilizado xabóns pouco agresivos), etc... mais non creo que vaia ben en augas mortas (piscinas, ou outras augas cloradas ou tratadas para eliminar calqueira rastro de vida)

Deste xeito, pódense crear formas moi diferentes con moitas utilidades:
Depuración da auga, a través das raíces
Sombra para pequenos estanques (moi importante no verán)
Refuxio e soporte para fauna e flora acuática (especialmente entre as raíces, onde larvas de moitos insectos e anfibios atopanse moi cómodas)
Produción de varas de salgueiro para cesteria ou outros usos
Estructuras flotantes (para flotar ou para facer pequenos percorridos!)

Para facelas, tedes que ter en conta 2 “inconvintes”: O salgueiro verde non flota, así que hai que poñerlle “flotadores” Ten un mantemento anual, que consiste na poda das varas, pero especialmente das raíces, xa que se non, a estructura seque a medrar e gañar peso, índose para o fondo. O salgueiro ten que ser recollido en inverno. Serve de calqueira grosor, xa que brotará si ou si se está en contacto coa auga. Tede en conta que coma todo en permacultura, hai que pensar na posibilidade de “abandono” da estructura, así que para os flotadores é mellor utilizar materiais non contaminantes, coma o vidro. Se utilizades corcho, o mantemento das raíces terá que ser moi exaustiva, se non queredes que se faga unha maraña de raíces-corcho (se é corcho natural non pasa nada, mais se é sintético estades facendo unha guarrada interesante...). Se non utilizades vidro, sería mellor botellas ou garrafas de plástico liso, máis fáciles de manter e despegar das raíces se é o caso.
 


Esta estructura ten 3 anos, e as raíces enguliron os corchos que lle fan flotar. Fixádevos tamén en todo o musgo que medra
 Podedes facer calqueira forma que se vos ocurra. Toda pola de salgueiro que estea en contacto coa auga brotará. Mais hai que deseñar pensando en que ó ser unha estructura viva, mudará gañando en peso e botando longas polas, que pola acción do vento funcionan coma velas e poden (ademáis de servir para navegar) tumbar toda a estructura (comprobado)


Despois dun ano, esta botella forrada de salgueiro xa fixo raíz e polas.


Cada ano, hai que podar as raíces e as polas



Podedes comezar por algo facil como forrar unha botella de vidro de salgueiro, deste xeito xa teredes o flotador feito. Se non sabedes cestear, podedes facelo así:

Con polas frescas de salgueiro recollidas en inverno facedes moitos aros que encaixen na botella




 É mellor que fagades alo menos 2 botellas e despois as unades antes de botalas a navegar, xa que se non, en canto medren as polas, a botella xira e se tumba. Ou tamén poñerlle un flotador lateral de corcho como levan algunhas embracacións tradicionais da polinesia...

Aquí 3 botellas unidas, e detrás un novo modelo. Está pensado para que non deixe de moverse lentamente ó longo do estanque co vento. Por iso é máis alto, e ten os bordes redondeados e os flotadores por dentro, para que non se trabe tan facilmente nos bordes do estanque, que teñen pouco fondo. Utilicei 2 botellas e 2 corchos, atados con corda de sisal (biodegradable), para que sexan faciles de quitar para a poda anual.
 

Só queda esperar a que chegua a primavera e a flipar!

3 comentarios:

  1. Boas! Qué bonito, encantoume esta entrada do salgueiro flotante.
    Por certo, das cursiños de permacultura?
    Un sáudo,
    Belén.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola!, que va, so quero aplicar os principios da permacultura ó que fago, estou aprendendo pola miña conta, graciñas!

      Eliminar
  2. Haaalaaa!!!! Qué PASADA!!! :-) Eu propóñoche tunear o nome deste novo arte....xa que lle chamas Permacultura e. ARGALLADAS varias....por qué non ART GAIAdas....hahaha...xa que é un arte de Gaia, completamente vivo.Bikísimos artista

    ResponderEliminar