CURSO SOBRE CULTIVO DE COGUMELOS
DATA: Tódolos luns de 19 a 20 horas
LUGAR: Centro Social A Hedreira . Rúa Catasol 17, Lugo
Micelio en gran
Tamén cultivaremos sobre sustratos como cartón, palla ou borras de café, aprendendo a reciclar estes residuos e convertilos en ricos cogumelos.
Cogumelo ostra medrando sobre cartón e borras de café
Traballaremos con Pleurotus ostreatus (cogumelo ostra) por ser un cogumelo fácil e rápido de cultivar, mais a metodoloxía empregada é válida para case calquera fungo.
Este curso tamén pretende ser unha ferramenta coa que poder asomarnos ó incrible mundo dos fungos e das súas implicacións nos ecosistemas, así como moitos usos moi interesantes para a humanidade como a biorremedación, fabricación de novos materiais, alimentación, medicinas, etc...
Non son necesarios coñecementos previos sobre o tema, e ademáis, utilizarase unha metodoloxía fluída, que facilita que te incorpores cando queiras ó curso e que veñas cando queiras.
Vémonos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario