Se tratamos ó solo coma un ser vivo, e non coma un conxunto
de minerais materia orgánica e auga, entenderase que haberá que procurar
laborear o menos posible. Isto afórranos moito traballo, pois nos é máis facil
prescindir do suso de maquinaria e tanto abonado. Tamén respetamos a estrutura
do solo e a moitos dos seres vivos que nel viven.
Hai varias formas de cultivar sen laboreo. Unha delas é a
utilización de abundante acolchado (palla, follas, papel, etc...) que manteń ó
solo protexido e vivo, evitando a perda de auga ou a compactación por acción da
chuvia, por exemplo.
Neste caso, e a través destas fotos podedes ver como cultivei
neste ano alforfón (tamén chamado trigo sarraceno, ainda que non se trata dun
cerereal) nunha superficie duns 200 metros cadrados, coa axuda das pitas e sen
voltear a terra, e sen apenas acolchado (o que tamén aforrou moito traballo).
Penso que pode ser un bo método para cultivos que precisen bastante superficie,
coma os cereais.
As pitas (5 e un galo) estiveron durante aproximadamente 4
meses traballando este cacho de terra,ata que esgotaron a erva natural. Nese
momento, foron trasladadas a outro recinto con erva.
Eu prefiro este método que o chamado “tractor de galiñas”,
porque así teñen máis espacio para elas.
Así, cada 4 ou 5 meses, múdase de parcela e logo cultivo
nela.
Aquí podedes ver as ferramentas que utilicei para abrandar
algo a terra: primeiro a forca de doble mango e logo a grada de roda
As pitas, ó deservar tan efectivamente, facilitan moito a
labor, deixando a terra facil de traballar.
Esta terra é moi arenosa e pobre, polo que é aínda máis
importante procurar non volteala nen traballala demasiado.
Aquí a terra xa traballada, e duas pitas moi contentas de
comer todos os bichiños que saían a superficie ó utilizar a forca de dobre
mango.
Para sementar o alforfón (maio), fixen surcos moi pouco
fondos, e logo acolchei con pouca erva entre os surcos. Deste xeito, a terra
entre surcos queda protexida e retén mellor a humidade, importante xa que este
solo é moi arenoso e así evitei ter que regar durante o verán.
O alfrofón xa nado
Fixádevos que o acolchado entre liñas é lixeiro (a modo de
sombreado), xa que pretendía que as choivas que viñeran no verán, aínda que
fosen escasas, penetrasen no solo, pero que o sol non o resecase.
E foi medrando
E florecendo... O Alforfón ademáis de ter unha composición
moi nutritiva para as persoas e as pitas (mellora a do trigo), é unha planta
que produce moito néctar, que atrae durante case 2 meses a unha chea de
insectos, especialmete abellas.
Foi apañado en setembro, cando aínda algúns grans non estaban
de todo maduros. É mellor facelo así xa que se esperades a que estean todos a
punto, os das primeiras flores de verán caen ó chan, e perdemos moita colleita.
Parece ser que hai zonas onde se recolle en feixes que se colgan para que
acaben de madurar.
O alforfón é moito mais facil de mallar que os cereais, e
neste caso fixémolo cun simple pau sobre unha lona.
Agora só queda limpalo un día de sol e vento, moelo e cribalo
para quitarlle a casca. Despois faise unha fariña que nos usamos para misturar
co trigo cando facemos pan.
Ningún comentario:
Publicar un comentario